Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

sábado, 14 de marzo de 2020

ESCRÍBELLE UNHA CARTA A ORBIL



ATENCIÓN NENXS E FAMILIAS,

Xa que este ano non puidemos ir ver ao noso amigo Orbil, velaquí unha proposta chulísima para facer dende as vosas casas. 
Escribídelle unha carta a Orbil, sacádelle unha foto e enviádella para alegralo un pouquiño, xa que anda bastante tristeiro. Ademais participaredes nun sorteo.
ANIMÁDEVOS!!

O enderezo electrónico ao que tedes que enviala é:
salondolibro@pontevedra.gal









ATENCIÓN, SORTEO!📣📣📣📣📣📣📣
#EuQuedoNaCasa e Orbil tamén. Anda un pouquichiño triste pola cancelación do Salón pero... E se xa que quedamos na 🏠, ben podiamos aproveitar para escribirlle unha 📨e entrar no sorteo de DEZ 🔟 lotes de libros (e outras cousas chulísimas!) entre todas as cartas participantes. No buzón do Salón xa recibimos algunhas pero habilitamos hoxe un BUZÓN VIRTUAL 📬📧📨📩📯📜 para todas aspropostas que nos mandedes ao email: salondolibro@pontevedra.gal
Podedes usar a carta do programa en papel e facerlle foto e enviala, descargar a carta do web: https://www.salondolibro.gal/programacion-2020
ou facela nun documento word, nun folio, nunha folla de papel reciclado, nun cartón, cartolina, nunha folla de leituga (non, que son para comer!), en papel de WC (menos aínda que escasea!)... no soporte que vos pete, a imaxinación non ten límites! Facede unha foto á carta ou escaneade e enviade! Tedes ata o 26 de marzo e podedes enviar cantas propostas queirades!
#NaCasaCoSalón #CulturaNaCasa

No hay comentarios:

Publicar un comentario