Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

miércoles, 6 de marzo de 2019

EXPERIMENTO : PDI: A cámara escura

O curso pasado fixemos este experimento na aula. Que vos parece se o repetimos na casa? Animádevos e enviádenos as fotografías ao grupo de whatsapp. Ánimo!!


Como xa sabedes, estamos a traballar no PDI a fotografía e a arquitectura.
Desta vez adicámonos á fotografía, convertindo a aula de 2º nunha gran "cámara escura". Foi unha experiencia que nos trouxo á escola un pai de 1º, e na que puidemos observar como se despraza a luz, deixándonos emocionad@s e sorprendid@s ao percibir que as imaxes se proxectaban ao revés.

Resultado de imagen de camara oscura




ROSALÍA DE CASTRO visita a nosa escola

Celebrando o día de Rosalía de Castro na escola, as nenas e nenos de 1º e 2º tivemos unha sorpresa moi moi emocionante. Sabedes quen nos visitou? Pois síii! nada máis nin nada menos que a mesma Rosalía de Castro.😍
Xa, xa... xa sabemos que non era ela exactamente, pero nós sentímola coma se da propia poetisa galega se tratara. 

Contounos como era de pequena, os seus soños de nena, querendo ser pirata, ou querendo ser escritora, unha gran escritora na que máis tarde se convertiu. E tamén unha gran muller que nos falou de igualdade💪 entre as nenas e os nenos. 

Sabemos que Rosalía defendía a súa lingua, a nosa lingua, e como despedida díxonos que se nós, nenas e nenos seguiamos aprendendo os seus poemas, e recitándoos e cantándoos, nin ela nin a nosa lingua desaparecerían xamais. 

Agradecémoslle a visita cantándolle🎵 un dos seus fermosos poemas "Has de cantar", e a Rosalía parece que lle gustou moito moito. 
Agardamos a súa visita para o vindeiro ano!!! 

Grazas Rosalía💗.