Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

jueves, 22 de diciembre de 2016

BOAS FESTAS!

Dende aquí, as mestras do Primeiro Ciclo, queremos desexar a tódalas nenas e nenos e as súas familias que pasen unhas Felices Festas.
Ata a volta.



domingo, 11 de diciembre de 2016

ILUSTRADOR@S POR UN DÍA

Viñeron visitarnos ao cole o autor e ilustrador da colección de libros 

POLO CORREO DO VENTO.

Está escrita por Enrique Mauricio e ilustrada por Carlos Taboada

Presentáronnos a  Petra, a artista da Idade do Bronce de Terras de Pontevedra.

E para rematar tódalas nenas e nenos fixeron a súa propia ilustración, seguindo as indicacións do ilustrador. 

                                    Foi toda unha experiencia!!! 










PIRÁMIDE DE ALIMENTOS

lunes, 28 de noviembre de 2016

INAUGURAMOS O PARQUE!!!

As nenas e nenos do 1º  Ciclo e máis as súas titoras e o director do cole acudiron á inauguración do Parque Infantil que foi renovado. Pasárono xenial, tanto grandes coma pequenos, nas randeiras, na zona de escalada, na tirolina...
Queremos compartir con vós estas fotos para que vexades as caras de ledicia e diversión de tod@s!!!

miércoles, 16 de noviembre de 2016

EXCURSIÓN AO CASTELO DE SOUTOMAIOR

Aquí tedes unhas fotos da nosa excursión ao castelo de Soutomaior. Foi unha experiencia inesquecible!!


Un novo habitante no reino de 1º B: O CABALEIRO JORGE

Chegou coa súa resplandecente armadura, chea de detalles, feita á perfección, non por un ferreiro neste caso, senón por unha encantadora familia moi habilidosa nas manualidades.
Chámase Cabaleiro Jorge, así é como Carla, partícipe desta obra mestra, o nomeu.
As "cabaleiras e cabaleiros" de 1º B teñen un novo amigo, a quen xa visitou practicamente todo o colexio.
Gozaremos da súa presenza nas portas do castelo durantes uns días, e logo encomendaremos ao Cabaleiro Jorge a nobre tarefa de vixiar e custodiar a nosa fermosa Biblioteca.


martes, 15 de noviembre de 2016

IMOS DE EXCURSIÓN!!


Imos de excursión ao castelo de Soutomaior!!!
Dende que a princesa Ximena nos convidara a visitar o seu castelo, estabamos agardando o día con moita ilusión.
Por fin, mañá pasearemos polos fermosos xardíns, contemplaremos a marabillosa paisaxe dende as murallas, e sentirémonos abraiad@s erguendo a cabeza para ollar a impresionante torre de homenaxe.




Se facedes clic na imaxe podedes acceder á páxina web do castelo, onde atoparedes información moi interesante sobre o mesmo.

lunes, 14 de noviembre de 2016

COMO ATAR OS AMALLÓS





UN CASTELO MEDIEVAL

 Este ano no festival de Nadal, as nenas e nenos de 1º B interpretarán unha danza medieval. Aquí tedes a canción.
Esperamos que vos guste.
Se activades os subtítulos poderedes ir vendo a letra.
Fixádevos que hai un cambio na letra:
no lugar de "saeteiras, aspilleiras" é "seteiras, troneiras", xa que son as formas correctas en galego.


A PIRÁMIDE ALIMENTICIA

miércoles, 2 de noviembre de 2016

FELIZ SAMAÍN !! HAPPY HALLOWEEN!!

O venres 28 celebramos no cole o SAMAÍN/HALLOWEEN, con disfraces, música, deliciosas sobremesas e unha obra de teatro en inglés. A obra representárona a teacher Mary e a profe Rebeca, e gustounos tanto que aplaudimos a rabear.
Ah! Tamén recitamos poemas en inglés. Canto aprendemos!!!


martes, 4 de octubre de 2016

CANCION DE MIGALLAS: O CORPO

Neste vídeo podedes ver nenos e nenas de 2ºB do CEIP A.D.R. Castelao de Ordes cantando e bailando a canción "O esqueleto" de Migallas. 

viernes, 23 de septiembre de 2016

Música IDADE MEDIA

Se facedes clic na imaxe do CD poderedes escoitar un conto sobre os torneos da Idade Media acompañado dun tema musical da época.

jueves, 2 de junio de 2016

VISITAMOS A ESCULTURA DA TROITA


Este ano en Ponte Caldelas celebrouse a 50ª Festa da Troita. Na conmemoración colocouse unha fermosa escultura nos xardíns da alameda.
As nenas e nenos de 2º fomos visitala, e escoitamos ás profes que nos falaron da obra e o seu autor.



A obra foi creada polo artista compostelán afincado na parroquia de Cuñas, José Ortiz, e representa a unha troita dando un salto fose da auga cunha e cunha envergadura de 5 metros de longo e unha altura aproximada dun tres metros.
 O material empregado é aceiro de cortén sobre unha estrutura de barras de ferro  perforadas cun recubrimento de 10 centímetros de espesor para garantir a súa estabilidade.
Unha serie de discos de aceiro inoxidable representan as manchas da troita que abunda no río Verdugo.
Ortiz, que conta cunha dilatada carreira artstica como escultor, empregou algo máis de dous meses en executar a obra unha vez que  pasou polo período de creación, planificación e deseño que lle permitiu plasmar nunha obra de arte a súa inspiración.


domingo, 22 de mayo de 2016

OBRADOIRO: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Este pasado venres tivemos un obradoiro no cole: Ponlle as pilas ao teu bocata.

SEMENTANDO

En Ciencias da Natureza estivemos coñecendo o mundo das plantas.
Despois de plantar algunhas sementes fomos vendo como ían medrando cada día. Logo de observalas e comentar os cambios que ían sucedendo, levámolas para casa, para poder transplantalas na horta ou xardín.
Aquí tedes as fotos dalgunhas.