Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

domingo, 21 de noviembre de 2021

Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e as Nenas- 20 N

 O sábado, 20 de novembro, celebrouse o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e as Nenas e para iso traballamos nas aulas os dereitos que temos como nenos deixándoos  reflexados nas nosas libretas e tamén decoramos unha coroa que poñía que somos moi especiais.  

Mirade, mirade!



MAGOSTO

 O pasado martes celebramos no cole o MAGOSTO. Traballamos nas aulas distintos xogos e vocabulario relacionado co Magosto. Tamén decoramos unhas coroas cunhas castañas para levar nos xogos tradicionais que fixemos nos patios xunto co resto dos nenos e nenas do cole e degustamos unhas deliciosas castañas. Que ben o pasamos!




viernes, 5 de noviembre de 2021

EXPOSICIÓN DE INVENTOS DE CURICUXA...

 A nosa mascota da biblioteca, Curicuxa, elaborou unha exposición de obxectos antigos para dar comezo ao PDI que leva por título "Curi-inventos e outros experimentos". O alumnado de 2º fomos visitala o mércores e encantounos! Aprendimos para qué servían moitos dos elementos.







O SAMAÍN en 2º!!

 O pasado día 28 disfrutamos dunha xornada terroríficamente divertida!!!

Botade unha ollada...pasámolo xenial!!