Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

miércoles, 29 de enero de 2020

Visitamos o invernadoiro de Cáritas

Grazas a Anpa poidemos facer unha interesante visita ao invernadoiro de Cáritas. Trátase dun horto ecolóxico, no que se mesturan varios cultivos, aproveitando a auga dunha mina cercana, e o traballo voluntario de varias persoas da vila.Unha destas persoas é Xosé, quen xunto con Vanessa, se encargou de servirnos de guía, explicándonos como cultivan sen usar pesticidas nin sustancias dañinas para o medio ambiente, como aproveitan os residuos orgánicos para facer compost, ou como atraen ou repelen a algúns insectos por medio de plantas. 
Tamén visitamos un pequeno invernadoiro onde había sementeiras, e chamóunos moito a atención un estanque con rás. De volta ao colexio Vanessa explicounos como sementar. Agora temos varias plantas medrando no cole, que logo levaremos ao invernadoiro. Foi unha mañá fantástica!!

Xa temos a nosa CURICUXA a tamaño natural!!!

Que ilusión!!! A mascota de nosa Biblioteca, Curicuxa,  acaba de tomar forma, da man de Nerea e da súa familia. Encantounos cando a vimos entrar polo corredor. Agora xa temos a nosa mensaxeira para que poida contarlle as nenas e nenos tódalas novas da Biblioteca. 


Benvida Curicuxa!!! 
Moitas grazas familia!!!


domingo, 26 de enero de 2020

OBRADOIROS DE NADAL

Este foi un Nadal moi ecolóxico👍. As nenas e nenos do colexio utilizamos materiais de refugallo para facer as decoracións, e ademais pintamos unhas bolsas de tecido para agasallar ás nosas familias. Dese xeito, xa non terán que utilizar as bolsas de plástico para ir de compras. O noso lema foi: 
🎄
No 
Nadal
reduce
recicla
reutiliza
reACCIONa!!