Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

viernes, 4 de diciembre de 2015

VISITA VIRTUAL A PONTE CALDELAS.


Hoxe na aula de informática fixemos unha visita virtual pola nosa vila, Ponte Caldelas.  Para iso utilizamos o googlemaps. Se fas clic na fotografía poderás pasear de novo polas súas rúas, ou visitar a túa casa. Anímate!








Aquí tedes o plano coa visita que fixemos. Durante a mesma falamos e fixámonos nos servizos e edificios públicos:
- Colexio
- Instituto
- Parque Infantil
- Parada de taxis
- Mercado
- Casa da Cultura
- Pavillon de Deportes
- Campo de fútbol
- Cuartel da Garda Civil
- Concello
- Centro de Saúde

PENSA UN POUQUIÑO:
Que lugar visitamos e non aparece no percorrido?