Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

martes, 31 de marzo de 2020

MATEMÁTICAS 2º: TABLA DEL 5 Y DEL 10

UN CONTO A FAVOR DA DIVERSIDADE: OUTRA COUSA

Outra cousa era diferente, e ademais facíano sentir diferente. E sentíase pequeno, moi pequeno. Ata que apareceu Algo... Se queres coñecelos, non deixes de ver e escoitar este fermosísimo CONTO. TOD@S SOMOS DIFERENTES, ISO É O QUE FAI DO MUNDO UN LUGAR MARABILLOSO.

domingo, 29 de marzo de 2020

Cuento ¿Qué le pasa al planeta?

Como xa sabedes encántame os contos e este fin de semana que celebrouse a hora do Planeta non podía deixar pasar a ocasión de recomendárvos un, e por suposto deixarvos unhas cántas actividades para que non vos esquezades de traballar un pouquiño. Aquí vos deixo tódalas actividades que vos preparei e xa sabedes pequenos artistas, a esforzarse moito en todo! Un biquiño corazóns!

A hora do Planeta

O sábado 28 de marzo celebrouse a hora do paneta que consistiu en apagar todas as luces dende as 20.30 ata as 21.30.
Déixouvos un video onde seguramente vexades algún dos meus animais favoritos. A ver se adiviñades de cal se trata... seguro que o identificades só con velo!
Ademais diso, gustaríame que vos fixárades nas cousas que estamos a facer mal que aparecen no video. Tamén teredes que identificalase escribilas nun papel ou libreta en galego, pero para iso teredes que ter un pouco de paciencia porque hai que velo video ata ó final!


sábado, 28 de marzo de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA DE ANDAR POR CASA 2

Ahí van 5 novas sesións para manterte en forma. É unha boa oportunidade para que a túa familia comprobe o ben que se che da a Educación Física.
Trata de practicalas todas, si é posible. Se non, asegúrate de adicar un ratiño diario para a actividade física (sesión, xogos, bailes,oca de Curicuxa, etc). É SUPERIMPORTANTE!
Si algo non che sae á primeira nunca te rendas. Con práctica, acabarás conseguindo todo o que te propoñas!!!





viernes, 27 de marzo de 2020

EXPERIMENTO 2: A cámara escura

O curso pasado, coa axuda do papá de Iria,  fixemos este experimento na aula. Que vos parece se o repetimos na casa? Animádevos e enviádenos as fotografías ao grupo de whatsapp. Ánimo!!


Como xa sabedes, estamos a traballar no PDI a fotografía e a arquitectura.
Desta vez adicámonos á fotografía, convertindo a aula de 2º nunha gran "cámara escura". Foi unha experiencia que nos trouxo á escola un pai de 1º, e na que puidemos observar como se despraza a luz, deixándonos emocionad@s e sorprendid@s ao percibir que as imaxes se proxectaban ao revés.

Resultado de imagen de camara oscura



1º curso. Unidade didáctica 4. CC. da natureza. ANAYA


jueves, 26 de marzo de 2020

Ola a todos e todas! Hoxe subo un conto en castelán. Un conto que dende a primeira vez que o lín emocionóume. Tamén tedes un caderno adxunto en castelán para poder facer diferentes actividades. Espero que vos guste e xa me comentaredes despois da Cuarentena cal foi o voso conto preferido de todos aqueles que vos propuxen, aínda que penso que vai ser difícil elexir!
Un biquiño a todos e a todas. Bótovos moitísimo de menos!

TABLAS DE MULTIPLICAR: La tabla del 2

TABLAS DE MULTIPLICAR: La tabla del 1

Mb y Mp

Con esta canción lembramos unha regra ortográfica que xa todos coñecemos para que ninguén se esqueza que diante de "b" e de "p" escríbese "m"!

E agora a cantar!

https://www.youtube.com/watch?v=QFWtxE0O6uk

miércoles, 25 de marzo de 2020

Misión quedarse en casa

Ola a todos e a todas! o venres faránse dúas semanas dende que comezou o estado de alarma e para que os ánimos non decaigan atopei un libro en internet feito por "Orientación Andújar" onde nos contan un pouco acerca do coronavirus. Esta historia podedes completala coas cousas que estades a facer na casa (páxina 7) para que levedes un rexistro do que facedes e así poder compartilo á volta ó cole.
Deséxovos que esteades pasando este periodo do xeito máis tranquilo posible.
Moitos biquiños para todos e todas!





1º CURSO. Unidade didáctica 3 de CC. Sociais. ANAYA


martes, 24 de marzo de 2020

Rosa Caramelo en galego para ler

Ola a todos e a todas! Espero que esteades traballando un pouco tódolos días e como non todo ten que ser actividades de Lingua Castelá e Matemáticas hoxe traio un conto que é un dos meus favoritos "Rosa Caramelo" e que serviravos para traballar un pouco a nosa lingua, o galego. Non tivemos a oportunidade de velo na clase, pero non vos preocupedes porque dende agora poderedes velo nas vosas casas.


 


Comprensión lectora

Tentade responder as seguintes preguntas:
1. Cómo se chama a protagonista do conto?
2. Que comían as elefantiñas?
3. Por qué estaban pechadas as elefantiñas?
4. Cómo vestían as elefantiñas?
5. Por qué enfadábase papá elefante?
6. Cando comezou a ser feliz Rosa Caramelo?
7. Que pasa ó final do conto?

Expresión oral
Fala co teu fillo ou filla acerca do conto. 
Ideas:
1. Que pensas do comportamento de Rosa Caramelo?
2. Gustaríache ser como ela?
3. Paréceche ben a actitude a actitude que teñen os demais con Rosa Caramelo?

Comprensión oral
Para que teñades o acceso o audioconto en castelán:



Expresión plástica
Para traballar máis o conto podedes facer algunha manualidade cos vosos fillos e fillas.
Exemplos:

1º curso. Unidade didáctica 3 de CC. da Natureza. ANAYA


lunes, 23 de marzo de 2020

1º curso. Resolvo problemas!

Ola de novo, tamén vos deixo este enlace a unha páxina moi interesante con problemas de matemáticas moi sinxelos.

Un saúdo.

https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2014/05/1%C2%BA-problemas-1.pdf

1º curso: Actividades de comprensión lectora.

Ola a todos e a todas!
Por petición dalgunha familia aquí vos deixo un enlace a varios textos moi sinxelos para traballar a comprensión lectora.
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2015/05/aulapt-lecturas-verano-2013-correcci%C3%B3n-errores.pdf

Día Mundial do Síndrome de Down

Ola a todos e a todas! como sabedes o pasado sábado (21-3-20) celebrouse o Día Mundial do Síndrome de Down. A iniciativa de levar calcetíns de diferentes cores lévase a cabo dende o 2011 mais este curso debido as circunstancias que estamos vivindo non foi posible facelo nas aulas.
 
Nembargantes,  moitos nenos e nenas celebrárono dende os seus fogares.
Para todos aqueles e aquelas que queirades coñecer un pouquiño sobre o Síndrome de Down aconséllovos ver este  video para nenos e nenas en youtube


Xa que sodes todos moi artistas os de 1º déixovos tamén unhas actividades impresas para colorear e recortar e que poidades pasar un bó rato facendo diferentes deseños de calcetíns.


NO CORDO BOULLOSA TAMÉN QUEDAMOS NA CASA!!

EDUCACIÓN FÍSICA DE ANDAR POR CASA do profe Ramón

A idea destas unidade didáctica "EDUCACIÓN FÍSICA DE ANDAR POR CASA" é de facer un mantemento global das diferentes capacidades físicas.
As sesións están deseñadas para que podan participar delas persoas de diferentes idades e niveis, polo que se podería xogar con irmáns/ irmás maiores e tamén menores que nós. Incluso tamén con adultos. Anímaste?

Se non podes facer algunha actividade por problemas de material, compañía ou espazo... non te preocupes! Cambia á seguinte e segue poñéndote en forma. 

O material empregado vai a estar presente habitualmente nas casas (botellas de plástico, tapóns, caixas, paus...) De tódolos xeitos, algún material podes intentar elaboralo ti (pide axuda). Verás que divertido!

É importante que non vos desfagades do material elaborado, porque pode ser útil para próximas sesións, ou ben para utilizalo no voso tempo de lecer.

ESTOU MOI ORGULLOSO DE TODOS E TODAS. ÁNIMO. A POÑERSE EN FORMA







sábado, 21 de marzo de 2020

21 DE MARZO: Día da Árbore e da Poesía

Hoxe celebramos o día da Árbore e da Poesía. E para iso compartimos con vós un fermoso vídeo cunha canción de Servando Barreiro escrita polo noso benquerido amigo e contacontos O Carballo con Botas, Anxo Moure. 






E tamén podedes escoitar e ver este marabillosa conto.

Sílabas trabadas

Ola a todas e a todos! Gracias a este documento elaborado por www.imageneseducativas.com e incluído en www.orientacionandujar.es podedes practicar a lectura das sílabas trabadas.
Un saúdo.
https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2018/07/ROTACISMO-CARTILLA-DE-LECTURA-TRABADAS.pdf

viernes, 20 de marzo de 2020

E con tod@s vós... KIRIKÚ!!!

Querémosvos presentar unha das películas de debuxos máis fermosas que existe, e que ademais nola recomendou Curicuxa para vós.
Primeiro podedes ver a de Kirikúe a bruxa   e despois Kirikú e as bestas salvaxes.
Podedes comentar o que vos pareceu.


"KIRIKÚ Y LA BRUJA" (1998)- Hacia el ego empoderado from arcoirisdan on Vimeo.

XA CHEGOU A PRIMAVERA!!!



Para celebrar a chegada da estación máis florida, aquí vos deixamos algunhas páxinas con ideas para facer manualidades, cantar cancións, recitar poemas, etc.
Non esquezades compartilos a través dos grupos das vosas clases!!! 



Nestas dúas páxinas podedes atopar manualidades chulísimas!!






Nesta páxina atoparedes poemas sobre a primavera.
Animádevos a aprender algún de memoria. Tamén o podedes copiar e decorar nun papel e compartilo con nós.




Aquí tedes un vídeo para poder relaxar o corpo e a mente con IOGA. Probade coas vosas familias




E non podemos esquecernos da obra "As catro estacións" que un músico chamado Antonio Vivaldi compuxo hai 300 anos. Unha desas estacións é a primavera, e aquí a podedes escoitar e ver nun musicograma (música con debuxos).

MÓVETE con CURICUXA

Xa sabemos caaaaanto vos gusta Educación Física, por iso o profe Ramón elaborou este fantástico xogo, con  Curicuxa de protagonista para que non deixedes de facer exercicio físico nas vosas casas.
Pasádeo xeniaaaaal!!





jueves, 19 de marzo de 2020

IDEAS CREATIVAS PARA FACER NA CASA


LABORATORIO DE CIENCIAS: EXPERIMENTOS PARA FACER NA CASA

Para estes días na casiña, ímosvos ir poñendo experimentos moi sinxelos para que poidades aprender e facer en familia.
 Neste primeiro imos comprobar como O AIRE, aínda que non o vexamos, OCUPA un espazo. 
 Se vos animades, podedes gravarvos e enviades os vídeos aos grupos  de whatsap das vosas clases para compartir coas compañeiras e compañeiros.

1º curso. Unidade didáctica 2 de ciencias da natureza.


miércoles, 18 de marzo de 2020

CORREO DE CONTACTO

Ola a todos e a todas:
Como ben se explica na entrada anterior, os alumnos e alumnas de primeiro curso deberedes ir realizando as tarefas do caderno que vos facilitamos e así podedes repasar os contidos traballados no 2º trimestre nas áreas de Lingua e Matemáticas. Para as áreas de Ciencias da Natureza e de Ciencias Sociais iremos engadindo entradas con videos de repaso das unidades didácticas vistas. Non vos esquezades de ler un pouco cada día.
E para calquera dúbida o correo da mestra Isabel é o seguinte: isaxeve2@gmail.com
Moitos bicos para todos e para todas.
Estamos desexando volver!!!

Correo de contacto

Ola a todos e a todas! Espero que esteades pasando coa maior tranquilidade posible esta cuarentena. Como xa vos informamos polo tokapp as mestras de primero curso colgamos un caderno en PDF que servirávos para ir traballando os contidos do segundo trimestre que demos ó longo do mesmo.
Dosificade o traballo e se tedes algunha dúbida non dubidedes en pórvos en contacto conmigo a través do meu correo electrónico. Estarei encantada de axudarvos en todo o que precisedes.
luisaesmeralda.nunez@gmail.com.
Moitos biquiños para os meus alumnos e alumnas e moito ánimo para todos e todas nestes momentos de incertidumbre!
Luchy. Titora de 1b.

1º curso. unidade 1 de ciencias sociais. ANAYA


sábado, 14 de marzo de 2020

APRENDEMOS: A CANCIÓN DO ABECEDARIO

A

ESCRÍBELLE UNHA CARTA A ORBIL



ATENCIÓN NENXS E FAMILIAS,

Xa que este ano non puidemos ir ver ao noso amigo Orbil, velaquí unha proposta chulísima para facer dende as vosas casas. 
Escribídelle unha carta a Orbil, sacádelle unha foto e enviádella para alegralo un pouquiño, xa que anda bastante tristeiro. Ademais participaredes nun sorteo.
ANIMÁDEVOS!!

O enderezo electrónico ao que tedes que enviala é:
salondolibro@pontevedra.gal









ATENCIÓN, SORTEO!📣📣📣📣📣📣📣
#EuQuedoNaCasa e Orbil tamén. Anda un pouquichiño triste pola cancelación do Salón pero... E se xa que quedamos na 🏠, ben podiamos aproveitar para escribirlle unha 📨e entrar no sorteo de DEZ 🔟 lotes de libros (e outras cousas chulísimas!) entre todas as cartas participantes. No buzón do Salón xa recibimos algunhas pero habilitamos hoxe un BUZÓN VIRTUAL 📬📧📨📩📯📜 para todas aspropostas que nos mandedes ao email: salondolibro@pontevedra.gal
Podedes usar a carta do programa en papel e facerlle foto e enviala, descargar a carta do web: https://www.salondolibro.gal/programacion-2020
ou facela nun documento word, nun folio, nunha folla de papel reciclado, nun cartón, cartolina, nunha folla de leituga (non, que son para comer!), en papel de WC (menos aínda que escasea!)... no soporte que vos pete, a imaxinación non ten límites! Facede unha foto á carta ou escaneade e enviade! Tedes ata o 26 de marzo e podedes enviar cantas propostas queirades!
#NaCasaCoSalón #CulturaNaCasa

QUE FACER NA CASA ESTES DÍAS?



COMO EXPLICARLLES AS CRIANZAS O CORONAVIRUS


Se facedes "clic" na imaxe podedes acceder a un conto no que aparece explicado dun xeito sinxelo e tranquilizador para xs máis pequenxs o mundo dos virus, e máis concretamente do coronavirus. 

jueves, 12 de marzo de 2020

MEDIDAS A ADOPTAR NOS CENTROS DE ENSINO

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020
Xov, 12/03/2020 - 19:39

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

    Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
    Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
    Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
    O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
    Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
    O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
    Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
    Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
    Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
    Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
    Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
    Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

MEDIDAS PARA O ENSINO UNIVERSITARIO

    Suspéndense as actividades académicas no ensino universitario.
    Permanecerán abertas as residencias universitarias, con servizos comúns básicos.
    As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo do seu aforo.

AVISO ÁS FAMILIAS: SUSPENSIÓN DAS CLASES

"Ante a falta de comunicación oficial por parte da Consellería de Educación, remitímosvos as declaracións feitas pola Presidente da Xunta de Galiza nas que anunciaba que a partir do luns, 16 de marzo, os centros educativos suspenden todas as actividades lectivas e complementarias durante catorce días; e mañá venres 13 a asistencia do alumnado é voluntaria."

martes, 3 de marzo de 2020

PLANTAMOS OS NOSOS ALLOS

E por fin, un mes despois de plantar os nosos allos nas sementeiras puidemos trasplantalos nunha leira ao carón do invernadoiro. Estamos desexando que medren moito para poder levalos as nosas casas e preparar unhas receitas estupendas!!!







OBRADOIRO DE COMPOSTAXE CON VANESSA


Seguindo coas actividades que estamos a levar a cabo coa colaboración da ANPA, Vanessa aprendeunos a crear as nosas propias composteiras. Elaborámolas con material de refugallo (botella de plástico e filtros de café) e con restos orgánicos das nosas merendas e palla. Todo un éxito!!!