Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

martes, 24 de octubre de 2017

VISITA DE XING FENG

Como xa vos contamos, o PDI do cole deste ano trata sobre o libro "A volta ao mundo en 80 días" de Xulio Verne. Dos países que visitan os protagonistas nós escollemos CHINA.
Hoxe recibimos na clase a Xing Feng, amiga da familia de Xoel de 2º B. Xing Feng rexenta un restaurante chinés, ademais doutros negocios, en Pontevedra.
Estivemos facéndolle preguntas sobre o seu país, que nos foi respostando amablemente, e tamén nos contou algunhas curiosidades. Díxonos por exemplo que o seu animal favorito era o dragón, e que o bambú cando comeza a saír e está tierno pódese cociñar e está delicioso. Tamén escribiu no encerado o seu nome, e as palabras: China, España e o saúdo "ni hao"(ola) coa escritura chinesa. 





CLASIFICACIÓN DOS ANIMAIS

miércoles, 18 de octubre de 2017

QUEREMOS UN MONTE VIVO. LUMES NUNCA MÁIS.

En 2º B, as nenas e nenos falamos do lume, das súas consecuencias, do que nos fixo sentir, e do que podemos facer para que esta terrible traxedia non se repita.
Foron uns intres nos que os cativos precisaban expresar as súas vivenzas, dende as súas olladas, dende os seus sentires, porque, igual que os adultos, necesitan botar os medos fóra.
E,  coa axuda da mestra, déronlle cor a este mural,  deixando as pegadas das súas pequenas mans que van mudando a cor vermella do lume ata un fermoso verde que de seguro tinguirá de novo os nosos montes galegos.

domingo, 8 de octubre de 2017

EXPERIMENTANDO O OUTONO

Este venres chegounos unha mensaxe de Curicuxa ás nenas e nenos de 2º. Outra vez!!! Que emoción!! Resulta que Curicuxa, que se entera de toooodo o que pasa no cole, sabía que as mestras nos estaban preparando algunha tarefa de outono para nós. E como a Curicuxa lle encantan os xogos, e as aventuras, púxose mans á obra e organizounos unha pequena excursión á carballeira que hai diante do instituto. Pero isto non foi todo, ao chegar á carballeira atopamos mensaxes de Curicuxa por todas partes:  nas pólas das árbores, agochadas entre os fieitos, nas pedras dos valados, había alomenos 6 ou 7 mensaxes!!! Bueno, eran mensaxes-preguntas-probas, nas que nos fixo afinar o inxenio, e tamén a memoria sobre cuestións e temas relacionados coa estación do ano na que estamos.

Pasámolo xenial, e ademais, investigamos, sentimos, descubrimos, tocamos, exploramos, cheiramos, e mesmo degustamos o sabor do OUTONO!!!
E levamos para a clase os nosos tesouros de outono, como podedes ver nas fotos.