Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

martes, 3 de julio de 2018

SAÍDA DE FIN DE CURSO: ILLA DE SAN SIMÓN

E para despedir o curso, as nenas e nenos do 1º Ciclo, na compañía das mestras, viaxamos á Illa de San Simón. Foi unha aventura fantástica, chea de xogos, visitas, e gozamos moitísimo da nosa viaxe no catamarán, coas guías, a tripulación e un capitán moi simpático.
Para rematar fomos darnos un baño á praia de Deilán, en San Adrián de Cobres. A marea estaba moi baixa e tivemos que andar moito para chegar á auga, que estaba coma o caldo de quente.
Que ben o pasamos!!!!

SAÍDA ILLA DE SAN SIMÓN on PhotoPeach

jueves, 24 de mayo de 2018

COÑECENDO CHINA Libro Lim

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcordoboullosa/aulavirtual2/mod/resource/view.php?id=7
Na páxina que se abre tedes que entrar como convidados para poder realizar a actividade.

jueves, 17 de mayo de 2018

PROBLEMAS MATEMATICOS INTERACTIVOS

Nesta páxina atoparedes problemas matemáticos moi sinxelos. Ide seleccionando un a un, e así practicaredes moito para terceiro.


https://www.orientacionandujar.es/2014/06/05/coleccion-de-problemas-para-2o-de-primaria-en-pdf-e-interactivos-ideales-para-pdi/

domingo, 22 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Esta semana celebraremos no cole o día do Libro, con distintas actividades organizadas dende a Biblioteca: exhibición de libros "especiais", sesións de contacontos, visita dunha autora, "biblio-patio" (levaremos a biblioteca ao patio en Infantil), e moitas actividades máis...

Porque os libros o merecen, porque,  como xa sabedes,  son a máis fermosa fonte da que podemos beber sabedoría, aventuras, fantasías e coñecemento.

Por que se celebra o 23 de abril?

Comezou a celebrarse nesta data xa que é a data do falecemento de dous grandes escritores: Miguel de Cervantes e William Shakespeare
En Cataluña tamén se celebra na mesma data o día de Sant Jordi, o seu patrón, e teñen como costume agasallar un libro e unha rosa.
Este ano celébrase ademais o 75 aniversario dun marabilloso libro: "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry.
Neste pequeno vídeo poderedes ver a historia en debuxos animados. 


miércoles, 11 de abril de 2018


QUE SABEMOS DA AUGA?

Imos comezar un novo tema: A auga. Para iso comezamos facendo unha chuvia de ideas, na cal cada nena ou neno comentaron diante dos seus compañeiros aquelas ideas previas que tiñan do tema. Estes son os resultados:

2º A:
  1. É boa para as plantas (Yago)
  2. Pódese beber (Gael)
  3. Pódese bañar (Yaiza)
  4. Pode chover (Andrea)
  5. Serve para as enfermidades, en infusións. (Andrea)
  6. É líquida (Andrea)
  7. É transparente (Antía)
  8. Algunha ten cloro (Chloé)
  9. É salgada (Águeda)
  10. É bonita (Claudia)
  11. É doce, non é salgada (Paula)
  12. Móvese (Miguel)
  13. Serve para a limpeza (Andrea)
  14. Non sabe a nada (Chloé)
  15. Pódese xogar con ela (Gael)



2º B
  1.  Bebemos dela (Pablo O.)
  2.  Sin ela morreriamos de sede (Pablo V.)
  3.  Sin ela as plantas non poderían vivir (Xoel G.)
  4.  Sin ela os animais non poderían vivir (Carla)
  5.  Evapórase (Martín)
  6.  Necesitámola para o aseo (Irene)
  7.  Cae das nubes (Xoel O.)
  8.  Necesitámola para lavar os pratos e a roupa, etc. (Carolina)
  9.  Ocupa as tres cuartas partes do planeta Terra (Pablo V)
  10.  Que corre polo ríos ata chegar ao mar (Carla)
  11.  É húmida (Cinthya)
  12.  Pode ser líquida (Iván)
  13.  Non ten cor, é transparente.(Todos)
  14.  Sin auga non pode chover (Samuel)
  15.  Cando se arrefría moito convértese en xeo. (Pablo V.)
  16.  Serve para apagar o lume (Pablo L.)




sábado, 7 de abril de 2018

domingo, 1 de abril de 2018

OBRADOIRO SOBRE O SENTIDO DA VISTA

Aquí tedes as fotos da magnífica clase que Carla e a súa mamá Vanesa nos deron sobre o sentido da vista.

Ademais dunha presentación de power point, trouxeron ao colexio unha maqueta dun ollo, que serviu para explicar dun xeito moi sinxelo e divertido, tanto as partes deste órgano coma o complexo proceso polo que pasa unha imaxe dende que a captan os nosos ollos ata que chega ao noso cerebro.


Achegáronnos moita información: sobre a hixiene e coidado dos ollos,  doenzas relacionadas coa visión, simulacións cunhas lentes, xogos ópticos, curiosidades, etc.  Foi unha clase moi interesante e enriquecedora, sen dúbida.




jueves, 22 de marzo de 2018

O SENTIDO DA VISTA


 Esta presentación sobre o sentido da vista foi elaborada por Vanesa, mamá de Carla, alumna de 2º B.
Moitas grazas, Vanesa, por seguir colaborando en tódalas actividades do colexio. As nenas e nenos de 2º aprenderon moito da magnífica exposición que fixestes  ti e máis Carla.
Estamos preparando a reportaxe de fotos para subila ao blog.


martes, 20 de marzo de 2018

CHEGOU A PRIMAVERA!!!

Hoxe na clase, celebrando a chegada da primavera, aprendemos esta fermosa canción.

sábado, 10 de marzo de 2018

RECEITA DAS GALLETAS DA FORTUNA

Dentro do proxecto do PDI "A volta ao mundo en 80 días", as nenas e nenos do 1º Ciclo de Educación Primaria fixemos un obradoiro de cociña chinesa no comedor. Preparamos unhas riquísimas gallegas da fortuna, que aínda que non son orixinarias de China, convertíronse nun postre moi típico dese país.
Pasámolo moi ben elaborando a receita, batendo, mesturando ingredientes, cheirando o arrecendo tan doce que ía saíndo do forno... e tamén nos divertimos escribindo os desexos e descubrindo os que nos aparecían nas nosas galletas. 
Aquí tedes a reportaxe fotográfica do día. Agardamos que vos guste

Rosalia Pequeniña

viernes, 23 de febrero de 2018

RECEITA: AS GALLETAS DA FORTUNA






 
INGREDIENTES:
3 claras de ovo

1 culleradiña de sal
150gr. de sucre

1/2 taza de manteiga derretida

75gr. de fariña

1 culleradiña de esencia de vainilla
 

ELABORACIÓN

1. Poñer as claras nun bol e bater coa variña

 2. Engadir a vainilla, sal, azucre e bater un pouco .

3. Engadir a manteiga derretida e bater novamente.

4. Pouco a  pouco ir engadindo a fariña ata obter unha masa homoxénea.

5. Enriba do papel de forno, coa axuda dunha culler estender a masa en círculos duns 8 cm. de diámetro.

6. Meter no microondas a máxima temperatura 1 minuto aproximadamente.

7. Sacar do micro, dobrar pola metade metendo previamente a mensaxe.

8. Darlle forma coa axuda dun vaso e deixala dentro do vaso para que manteña a forma.