Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

domingo, 29 de noviembre de 2020

25 N. Día internacional contra a violencia de xénero

O pasado 25 de novembro celebramos o día internacional contra a violencia de xénero. Consideramos que a educación é un pilar no que asentar o mundo igualitario que queremos. É o mellor legado que lle podemos deixar ás xeracións futuras. Eduquemos a persoas libres, seguras de sí mesmas e respectuosas sen que importe o seu sexo. E, porque non, formémonos a nós mesmas e a nós mesmos para enriquecer os nosos valores.



domingo, 22 de noviembre de 2020

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 O pasado venres 20 de novembro, celebramos o Día Universal da Infancia. Ao longo da semana falamos dos dereitos que teñen os nenos e nenas e fixemos unha estrela en 3D con cada un deles.













O OUTONO E O SAMAÍN

 O día do SAMAÍN  os nenos e nenas de primeiro aproveitamos o bo día que facía e saímos a observar a paisaxe que nos ofrece a estación do OUTONO. O pasamos moi moi ben e aínda por riba disfrazáronse que daba moito medoooo!

Mirade, mirade!



domingo, 15 de noviembre de 2020

O MAGOSTO

               CELEBRAMOS O MAGOSTO NO CORDO BOULLOSA!! 

O martes 10 de novembro puidemos celebrar o magosto seguindo con todas as medidas establecidas no protocolo COVID-19. Puidemos xogar, ver como se preparaban as brasas e por suposto, degustar as riquísimas castañas!! Pasámolo en grande!