Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

domingo, 22 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Esta semana celebraremos no cole o día do Libro, con distintas actividades organizadas dende a Biblioteca: exhibición de libros "especiais", sesións de contacontos, visita dunha autora, "biblio-patio" (levaremos a biblioteca ao patio en Infantil), e moitas actividades máis...

Porque os libros o merecen, porque,  como xa sabedes,  son a máis fermosa fonte da que podemos beber sabedoría, aventuras, fantasías e coñecemento.

Por que se celebra o 23 de abril?

Comezou a celebrarse nesta data xa que é a data do falecemento de dous grandes escritores: Miguel de Cervantes e William Shakespeare
En Cataluña tamén se celebra na mesma data o día de Sant Jordi, o seu patrón, e teñen como costume agasallar un libro e unha rosa.
Este ano celébrase ademais o 75 aniversario dun marabilloso libro: "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry.
Neste pequeno vídeo poderedes ver a historia en debuxos animados. 


miércoles, 11 de abril de 2018


QUE SABEMOS DA AUGA?

Imos comezar un novo tema: A auga. Para iso comezamos facendo unha chuvia de ideas, na cal cada nena ou neno comentaron diante dos seus compañeiros aquelas ideas previas que tiñan do tema. Estes son os resultados:

2º A:
  1. É boa para as plantas (Yago)
  2. Pódese beber (Gael)
  3. Pódese bañar (Yaiza)
  4. Pode chover (Andrea)
  5. Serve para as enfermidades, en infusións. (Andrea)
  6. É líquida (Andrea)
  7. É transparente (Antía)
  8. Algunha ten cloro (Chloé)
  9. É salgada (Águeda)
  10. É bonita (Claudia)
  11. É doce, non é salgada (Paula)
  12. Móvese (Miguel)
  13. Serve para a limpeza (Andrea)
  14. Non sabe a nada (Chloé)
  15. Pódese xogar con ela (Gael)



2º B
  1.  Bebemos dela (Pablo O.)
  2.  Sin ela morreriamos de sede (Pablo V.)
  3.  Sin ela as plantas non poderían vivir (Xoel G.)
  4.  Sin ela os animais non poderían vivir (Carla)
  5.  Evapórase (Martín)
  6.  Necesitámola para o aseo (Irene)
  7.  Cae das nubes (Xoel O.)
  8.  Necesitámola para lavar os pratos e a roupa, etc. (Carolina)
  9.  Ocupa as tres cuartas partes do planeta Terra (Pablo V)
  10.  Que corre polo ríos ata chegar ao mar (Carla)
  11.  É húmida (Cinthya)
  12.  Pode ser líquida (Iván)
  13.  Non ten cor, é transparente.(Todos)
  14.  Sin auga non pode chover (Samuel)
  15.  Cando se arrefría moito convértese en xeo. (Pablo V.)
  16.  Serve para apagar o lume (Pablo L.)




sábado, 7 de abril de 2018

domingo, 1 de abril de 2018

OBRADOIRO SOBRE O SENTIDO DA VISTA

Aquí tedes as fotos da magnífica clase que Carla e a súa mamá Vanesa nos deron sobre o sentido da vista.

Ademais dunha presentación de power point, trouxeron ao colexio unha maqueta dun ollo, que serviu para explicar dun xeito moi sinxelo e divertido, tanto as partes deste órgano coma o complexo proceso polo que pasa unha imaxe dende que a captan os nosos ollos ata que chega ao noso cerebro.


Achegáronnos moita información: sobre a hixiene e coidado dos ollos,  doenzas relacionadas coa visión, simulacións cunhas lentes, xogos ópticos, curiosidades, etc.  Foi unha clase moi interesante e enriquecedora, sen dúbida.