Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

domingo, 17 de diciembre de 2017

miércoles, 29 de noviembre de 2017

PETRA E OS PETRÓGLIFOS

Hoxe visitáronnos Enrique Mauricio e Carlos Taboada, escritor e ilustrador de Petra, a quen xa coñecemos o ano pasado. Tamén viñeron as nenas e nenos do CEIP A Reigosa, e todos xuntos, coa axuda do ilustrador, fixemos uns debuxos fantásticos de Petra. Esta nena da Prehistoria veu falarnos dos petróglifos. Aquí tedes as imaxes da visita, e como poderedes ver, pasámolo xenial!!! A visita de PETRA. on PhotoPeach

domingo, 19 de noviembre de 2017

O SISTEMA SOLAR

O SISTEMA SOLAR

O Sistema Solar está formado por unha estrela situada no centro chamada Sol, e oito planetas que xiran ao redor dela. Os planetas son:


Resultado de imagen de sistema solar EN GALEGO
  1. Mercurio
  2. Venus
  3. A Terra
  4. Marte
  5. Xúpiter
  6. Saturno
  7. Urano
  8. Neptuno


jueves, 16 de noviembre de 2017

CAMBIO NA DATA DA VISITA DE SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

OLA!!!

HOUBO UN CAMBIO DE ÚLTIMA HORA E SUSANA VAI ADIANTAR A SÚA VISITA 

PARA O DÍA :

MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO



miércoles, 8 de noviembre de 2017

VISITA DE SUSANA RODRÍGUEZ GACIO


O vindeiro 1 de decembro imos ter a inmensa sorte de recibir na nosa escola a Susana Rodríguez Gacio, subcampioa do mundo de triatlón paralímpico, galega do ano no 2014, doutora e por riba de todo, exemplo de fortaleza e superación. Sen esquecer a súa xenerosidade, pois ocupada como está, vai facer un oquiño para achegarse a Ponte Caldelas e compartir coas nenas,  nenos e mestres as súas vivenzas das que seguro que aprenderemos moito
No seguinte vídeo podedes coñecela un pouco mellor. Agardámola con moita emoción.
http://www.rtve.es/alacarta/videos/enfoque/susana/3657096/

jueves, 2 de noviembre de 2017

APRENDEMOS SOBRE O OSO PANDA

Como estamos xa co tema dos animais, imos coñecer un pouquiño máis o animal máis famoso de China:
O oso panda.

martes, 24 de octubre de 2017

VISITA DE XING FENG

Como xa vos contamos, o PDI do cole deste ano trata sobre o libro "A volta ao mundo en 80 días" de Xulio Verne. Dos países que visitan os protagonistas nós escollemos CHINA.
Hoxe recibimos na clase a Xing Feng, amiga da familia de Xoel de 2º B. Xing Feng rexenta un restaurante chinés, ademais doutros negocios, en Pontevedra.
Estivemos facéndolle preguntas sobre o seu país, que nos foi respostando amablemente, e tamén nos contou algunhas curiosidades. Díxonos por exemplo que o seu animal favorito era o dragón, e que o bambú cando comeza a saír e está tierno pódese cociñar e está delicioso. Tamén escribiu no encerado o seu nome, e as palabras: China, España e o saúdo "ni hao"(ola) coa escritura chinesa. 





CLASIFICACIÓN DOS ANIMAIS

miércoles, 18 de octubre de 2017

QUEREMOS UN MONTE VIVO. LUMES NUNCA MÁIS.

En 2º B, as nenas e nenos falamos do lume, das súas consecuencias, do que nos fixo sentir, e do que podemos facer para que esta terrible traxedia non se repita.
Foron uns intres nos que os cativos precisaban expresar as súas vivenzas, dende as súas olladas, dende os seus sentires, porque, igual que os adultos, necesitan botar os medos fóra.
E,  coa axuda da mestra, déronlle cor a este mural,  deixando as pegadas das súas pequenas mans que van mudando a cor vermella do lume ata un fermoso verde que de seguro tinguirá de novo os nosos montes galegos.

domingo, 8 de octubre de 2017

EXPERIMENTANDO O OUTONO

Este venres chegounos unha mensaxe de Curicuxa ás nenas e nenos de 2º. Outra vez!!! Que emoción!! Resulta que Curicuxa, que se entera de toooodo o que pasa no cole, sabía que as mestras nos estaban preparando algunha tarefa de outono para nós. E como a Curicuxa lle encantan os xogos, e as aventuras, púxose mans á obra e organizounos unha pequena excursión á carballeira que hai diante do instituto. Pero isto non foi todo, ao chegar á carballeira atopamos mensaxes de Curicuxa por todas partes:  nas pólas das árbores, agochadas entre os fieitos, nas pedras dos valados, había alomenos 6 ou 7 mensaxes!!! Bueno, eran mensaxes-preguntas-probas, nas que nos fixo afinar o inxenio, e tamén a memoria sobre cuestións e temas relacionados coa estación do ano na que estamos.

Pasámolo xenial, e ademais, investigamos, sentimos, descubrimos, tocamos, exploramos, cheiramos, e mesmo degustamos o sabor do OUTONO!!!
E levamos para a clase os nosos tesouros de outono, como podedes ver nas fotos.

sábado, 30 de septiembre de 2017

OS MÚSCULOS E OS OSOS

CHEGOUNOS UNHA CARTA!!!

Este venres o señor David tróuxonos unha carta. Antes de ler o remite, tod@s comezamos a berrar: É de Estela!!! Profe!!, seguro que nos escribiu Estela!! (Para quen non o saiba, Estela é unha compañeira moi querida que este ano se marchou para Pontevedra, e a quen botamos moito en falta)
Pero non, finalmente descubrimos que non era de Estela senón de Curicuxa, a mascota da Biblioteca.
Foi toda unha sorpresa!!

Na carta decíanos que se enterara de que no PDI deste ano trataríamos a obra  de Xulio Verne "A volta ao mundo en 80 días". Así é, as nenas e nenos de 1º e 2º imos viaxar a China, polo que temos que poñernos mans a obra e comezar a investigar e descubrir datos sobre este maravilloso país de Asia, xa que Curicuxa voltará a visitarnos para ver toooodo o que aprendemos sobre China.
Este fin de semana, coa axuda das nosas familias intentaremos conseguir información para levar o luns a clase.
Xa vos iremos contando como nos vai o proxecto.



domingo, 18 de junio de 2017

VIAXE FIN DE CURSO

E para rematar un curso no que traballamos moito, tódalas nenas e nenos, acompañados dos profes, fomos de excursión a Aquapark, en Cerceda. Foi un día cheo de risas, baños, chapoteos, carreiras e xogos, no que o pasamos estupendamente.
Aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica da xornada tan divertida que vivimos.




lunes, 12 de junio de 2017

Hai moitos anos...

Ás veces o paso do tempo explícannolo algún obxectos: neste caso unha máquina de escribir antiga e un teléfono.
Resultoulles moi curiosa a formar de marcar os números no teléfono (aproveitamos para facer un ditado de números), e na máquina o teclado resistíuselles un pouco cando escribiron os seus nomes.








UN VOLCÁN NA CLASE

É maravilloso contar con familias xenerosas, implicadas e con moitas ganas de motivar ás súas fillas e fillos, e de compartir a súa ilusión coa escola.
Sabemos que cada familia aporta o seu gran de área, de moitos xeitos. Así é a familia de Carla, e agradecémoslles moitísimo todo o entusiasmo que contaxian, non só ás súas fillas senón ao resto da comunidade. Neste caso recibimos a visita de Vanesa, a mamá de Carla, que trouxo ao colexio unha maqueta dun volcán, e deixou aos peques abraiados con dous experimentos que lle deron vida ao volcán durante uns intres.
Aquí vos deixamos as imaxes, e tamén os elementos que se utilizaron para as experiencias.

Para a simulación dos gases:

- xeo carbónico (xeo seco)
- auga

Para a simulación da lava:

- vinagre
- bicarbonato sódico
- colorante
- xabón

Animádevos a facelo na casa cos vosos peques. O dos gases é máis complicado, xa que o xeo é máis difícil de conseguir e ademáis hai que manipulalo con coidado, pero o da lava é moi sinxelo.


OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

sábado, 6 de mayo de 2017

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS FORESTAIS DO CAMPIÑO

As nenas e nenos de 1º e 2º fixemos unha excursión moi interesante. Visitamos o Parque de Bombeiros Forestais do Campiño. Alí tivemos a oportunidade de subir en helicóptero e máis no camión, probarnos cascos de bombeiros, usar a mangueira, escoitar as experiencias dos bombeiros apagando lumes, e moitas cousas máis. Aínda que o tempo non foi moi bo, pois acompañounos a auga, pasámolo xenial. Ademais, cando chove non hai incendios forestais!!!


lunes, 24 de abril de 2017

FOTÓGRAF@S

Como estamos comezando o tema das plantas, saímos ao patio e por equipos sacamos fotos as plantas que atopamos.  Repartímonos en tres equipos cada un buscou un tipo de planta: herbas, arbustos e árbores.
Aquí están as fotos.












AS PLANTAS

domingo, 9 de abril de 2017

BOAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!!

Tedes por diante 10 días de vacacións, que vos poden dar para moito: xogar, ler, pasar tempo coa familia, facer algunha receita, pintar, dar paseos polo monte, ir ao parque, bailar, ir ver unha película ao cine, inventar un chiste, escribir un conto, durmir moito, dibuxar a Kiriku, ir á praia, montar á cabalo, coidar animais, aburrirse, montar en bici, patinar ... 
Á volta espero que nolo contedes todo, e que veñades con moitas ganas e moita enerxía. 
Aquí vos deixamos algunhas páxinas interesantes e divertidas, por se vos apetece xogar un pouco coas matemáticas, coñecer algo máis sobre os animais ou  ler algún conto novo.
Vémonos á volta!!
E non esquezades buscar información sobre os VERMES DE SEDA.

viernes, 31 de marzo de 2017

UN PASEO POR PONTE CALDELAS

Este luns, as nenas e nenos máis maiores do cole participaron nunha xornada de Deporte Escolar, recibindo a visita do colexio de Carballedo. Como en Ciencias Sociais estamos co tema das vilas, aproveitamos para pasear pola nosa e, de paso, ir ao Pavillón para animar as nosas compañeiras e compañeiros. De camiño, as profes fóronnos amosando espazos, edificios e servizos públicos que temos na nosa vila: o parque infantil, a parada de taxis, a alameda, a Casa da Cultura, o mercado, etc. Logo cruzamos o río Verdugo pola ponte peatonal, e chegamos a tempo para  ver rematar o partido de balonmán. Xogaban de marabilla os dous equipos!! E aplaudimos a rabear!! Foi moi divertido!!




viernes, 17 de marzo de 2017

domingo, 22 de enero de 2017

ADIVINA, ADIVINANZA


Subo siempre llena y bajo vacía,

si no me doy prisa la sopa se enfría.





Cuando pasa ¡cómo pisa!,

deja lisa la camisa.




(Pista: llevan la letra "ch")