A idea destas unidade didáctica "EDUCACIÓN FÍSICA DE ANDAR POR CASA" é de facer un mantemento global das diferentes capacidades físicas.
As sesións están deseñadas para que podan participar delas persoas de diferentes idades e niveis, polo que se podería xogar con irmáns/ irmás maiores e tamén menores que nós. Incluso tamén con adultos. Anímaste?
Se non podes facer algunha actividade por problemas de material, compañía ou espazo... non te preocupes! Cambia á seguinte e segue poñéndote en forma.
O material empregado vai a estar presente habitualmente nas casas (botellas de plástico, tapóns, caixas, paus...) De tódolos xeitos, algún material podes intentar elaboralo ti (pide axuda). Verás que divertido!
É importante que non vos desfagades do material elaborado, porque pode ser útil para próximas sesións, ou ben para utilizalo no voso tempo de lecer.
ESTOU MOI ORGULLOSO DE TODOS E TODAS. ÁNIMO. A POÑERSE EN FORMA
No hay comentarios:
Publicar un comentario