Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

domingo, 22 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Esta semana celebraremos no cole o día do Libro, con distintas actividades organizadas dende a Biblioteca: exhibición de libros "especiais", sesións de contacontos, visita dunha autora, "biblio-patio" (levaremos a biblioteca ao patio en Infantil), e moitas actividades máis...

Porque os libros o merecen, porque,  como xa sabedes,  son a máis fermosa fonte da que podemos beber sabedoría, aventuras, fantasías e coñecemento.

Por que se celebra o 23 de abril?

Comezou a celebrarse nesta data xa que é a data do falecemento de dous grandes escritores: Miguel de Cervantes e William Shakespeare
En Cataluña tamén se celebra na mesma data o día de Sant Jordi, o seu patrón, e teñen como costume agasallar un libro e unha rosa.
Este ano celébrase ademais o 75 aniversario dun marabilloso libro: "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry.
Neste pequeno vídeo poderedes ver a historia en debuxos animados. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario