Hoxe na aula de informática fixemos unha visita virtual pola nosa vila, Ponte Caldelas. Para iso utilizamos o googlemaps. Se fas clic na fotografía poderás pasear de novo polas súas rúas, ou visitar a túa casa. Anímate!Aquí tedes o plano coa visita que fixemos. Durante a mesma falamos e fixámonos nos servizos e edificios públicos:
- Colexio
- Instituto
- Parque Infantil
- Parada de taxis
- Mercado
- Casa da Cultura
- Pavillon de Deportes
- Campo de fútbol
- Cuartel da Garda Civil
- Concello
- Centro de Saúde
PENSA UN POUQUIÑO:
Que lugar visitamos e non aparece no percorrido?

No hay comentarios:
Publicar un comentario