Etiquetas
Quen somos?
jueves, 3 de diciembre de 2020
domingo, 29 de noviembre de 2020
25 N. Día internacional contra a violencia de xénero
O pasado 25 de novembro celebramos o día internacional contra a violencia de xénero. Consideramos que a educación é un pilar no que asentar o mundo igualitario que queremos. É o mellor legado que lle podemos deixar ás xeracións futuras. Eduquemos a persoas libres, seguras de sí mesmas e respectuosas sen que importe o seu sexo. E, porque non, formémonos a nós mesmas e a nós mesmos para enriquecer os nosos valores.
domingo, 22 de noviembre de 2020
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
O pasado venres 20 de novembro, celebramos o Día Universal da Infancia. Ao longo da semana falamos dos dereitos que teñen os nenos e nenas e fixemos unha estrela en 3D con cada un deles.

O OUTONO E O SAMAÍN
O día do SAMAÍN os nenos e nenas de primeiro aproveitamos o bo día que facía e saímos a observar a paisaxe que nos ofrece a estación do OUTONO. O pasamos moi moi ben e aínda por riba disfrazáronse que daba moito medoooo!
Mirade, mirade!
domingo, 15 de noviembre de 2020
O MAGOSTO
CELEBRAMOS O MAGOSTO NO CORDO BOULLOSA!!
O martes 10 de novembro puidemos celebrar o magosto seguindo con todas as medidas establecidas no protocolo COVID-19. Puidemos xogar, ver como se preparaban as brasas e por suposto, degustar as riquísimas castañas!! Pasámolo en grande!
miércoles, 9 de septiembre de 2020
domingo, 7 de junio de 2020
2º TAREFAS DO 8 AO 12 DE XUÑO
viernes, 5 de junio de 2020
1ºA. ACTIVIDADES PARA SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO.
Deíxovos as actividades para a semana do 8 ao 12 de xuño, moito ánimo que estamos rematando o curso e estádelo facendo xenial!!
Un último esforzo por parte de todos e... curso superado!!!
Un saúdo.
LUNS 8 DE XUÑO:
CIENCIAS DA NATUREZA E LINGUA
MARTES 9 DE XUÑO:
LENGUA Y COMPRENSIÓN LECTORA
MÉRCORES 10 DE XUÑO:
CIENCIAS SOCIAIS E LINGUA
XOVES 11 DE XUÑO:
MATEMÁTICAS E ESCRIBO E CREO
VENRES 12 DE XUÑO:
LENGUA Y COMPRENSIÓN LECTORA
domingo, 31 de mayo de 2020
2º TAREFAS DO 1 AO 5 DE XUÑO
jueves, 28 de mayo de 2020
1º A. TAREFAS PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO.
LUNS 1 DE XUÑO:
CIENCIAS DA NATUREZA E LECTURA
MARTES 2 DE XUÑO:
MATEMÁTICAS
MÉRCORES 3 DE XUÑO:
LENGUA CASTELLANA
XOVES 4 DE XUÑO:
CIENCIAS SOCIAIS E LINGUA GALEGA
VENRES 5 DE XUÑO:
MATEMÁTICAS
CADERNO DE PROBLEMAS PARA O MES DE XUÑO: CADERNO DE PROBLEMAS 3
domingo, 24 de mayo de 2020
2º TAREFAS SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO
jueves, 21 de mayo de 2020
1ºA. Actividades para a semana do 25 ao 29 de maio.
Aquí vos deixo as actividades para a semana do 25 ao 29 de maio.
Esta vez inclúense algunhas tarefas dos libros que xa tendes na casa, está todo explicado nas fichas, pero xa sabedes que podedes consultarme se tendes dúbidas.
Aproveito para agradecer todo o esforzo que estades a facer. Seguide así, ánimo que xa queda pouco!!!
LUNS 25 DE MAIO:
CIENCIAS DA NATUREZA E LECTURA
MARTES 26 DE MAIO:
LENGUA CASTELLANA
MÉRCORES 27 DE MAIO:
CC. SOCIAIS E LECTURA
XOVES 28 DE MAIO:
MATEMÁTICAS E LECTURA
VENRES 29 DE MAIO:
LENGUA CASTELLANA
miércoles, 20 de mayo de 2020
PRAZO SOLICITUDE LIBROS DE TEXTO
Xa está aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar. Para máis información facede clic na imaxe para acceder á páxina web do colexio.
AS MELLORES FAMILIAS DO MUNDO
Agardamos que vos guste.
domingo, 17 de mayo de 2020
Actividades LETRAS GALEGAS
17 de maio. Día das letras galegas.
Como ben sabedes todos, o 17 de maio é un día grande para os galegos, pois, celébrase o Día das Letras Galegas!!!
Este ano o homenaxeado é Don Ricardo Carvalho Calero.
O profesorado do CEIP Manuel Cordo Boullosa preparou un video adicado a este autor coa intención de que o coñezades un pouco máis.
Agardamos que vos guste!!!
Aquí tendes algunhas das obras máis importantes de Carvalho Calero:
Neste enlace podedes ler o seu libro As pitas baixo a choiva:
AS PITAS BAIXO A CHOIVA (CONTO PARA LER)
E neste outro podedes ver unha adaptación do mesmo conto:
AS PITAS BAIXO A CHOIVA (VIDEO ADAPTACIÓN)
Desfrutade do día da nosa lingua!!!