QUE SABEMOS DA AUGA?
Imos comezar un novo tema: A auga. Para iso comezamos facendo unha chuvia de ideas, na cal cada nena ou neno comentaron diante dos seus compañeiros aquelas ideas previas que tiñan do tema. Estes son os resultados:
2º A:
- É boa para as plantas (Yago)
- Pódese beber (Gael)
- Pódese bañar (Yaiza)
- Pode chover (Andrea)
- Serve para as enfermidades, en infusións. (Andrea)
- É líquida (Andrea)
- É transparente (Antía)
- Algunha ten cloro (Chloé)
- É salgada (Águeda)
- É bonita (Claudia)
- É doce, non é salgada (Paula)
- Móvese (Miguel)
- Serve para a limpeza (Andrea)
- Non sabe a nada (Chloé)
- Pódese xogar con ela (Gael)
2º B
- Bebemos dela (Pablo O.)
- Sin ela morreriamos de sede (Pablo V.)
- Sin ela as plantas non poderían vivir (Xoel G.)
- Sin ela os animais non poderían vivir (Carla)
- Evapórase (Martín)
- Necesitámola para o aseo (Irene)
- Cae das nubes (Xoel O.)
- Necesitámola para lavar os pratos e a roupa, etc. (Carolina)
- Ocupa as tres cuartas partes do planeta Terra (Pablo V)
- Que corre polo ríos ata chegar ao mar (Carla)
- É húmida (Cinthya)
- Pode ser líquida (Iván)
- Non ten cor, é transparente.(Todos)
- Sin auga non pode chover (Samuel)
- Cando se arrefría moito convértese en xeo. (Pablo V.)
- Serve para apagar o lume (Pablo L.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario