Esta semana celebraremos no cole o día do Libro, con distintas actividades organizadas dende a Biblioteca: exhibición de libros "especiais", sesións de contacontos, visita dunha autora, "biblio-patio" (levaremos a biblioteca ao patio en Infantil), e moitas actividades máis...
Porque os libros o merecen, porque, como xa sabedes, son a máis fermosa fonte da que podemos beber sabedoría, aventuras, fantasías e coñecemento.
Por que se celebra o 23 de abril?
Comezou a celebrarse nesta data xa que é a data do falecemento de dous grandes escritores: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
En Cataluña tamén se celebra na mesma data o día de Sant Jordi, o seu patrón, e teñen como costume agasallar un libro e unha rosa.
Este ano celébrase ademais o 75 aniversario dun marabilloso libro: "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry.
Neste pequeno vídeo poderedes ver a historia en debuxos animados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario