Aquí tedes as fotos da magnífica clase que Carla e a súa mamá Vanesa nos deron sobre o sentido da vista.
Ademais dunha presentación de power point, trouxeron ao colexio unha maqueta dun ollo, que serviu para explicar dun xeito moi sinxelo e divertido, tanto as partes deste órgano coma o complexo proceso polo que pasa unha imaxe dende que a captan os nosos ollos ata que chega ao noso cerebro.
Achegáronnos moita información: sobre a hixiene e coidado dos ollos, doenzas relacionadas coa visión, simulacións cunhas lentes, xogos ópticos, curiosidades, etc. Foi unha clase moi interesante e enriquecedora, sen dúbida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario