Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

domingo, 24 de noviembre de 2019

AS ESTACIÓNS E OS HEMISFERIOS TERRESTRES

O GOOGLE MAPS

O google maps é unha ferramenta que nos proporciona internet, e que se utiliza moito cando viaxamos ou nos desprazarnos nos vehículos ou mesmo a pé, para buscar lugares, itinerarios, para coñecer distancias, etc.


O SISTEMA SOLAR

A TERRA

O MAGOSTO NO COLE

Este ano as nenas e nenos (e mestras) do 3º Ciclo encargáronse de organizar as actividades do Magosto.
Fixérono xenial!!! E para que as familias o podades ver, aquí tedes unha presentación coas fotos de tooodo o que se fixo no cole para o Magosto. Está no blogue de Curicuxa, a mascota da nosa Biblioteca, para velo, facede clic na imaxe.

domingo, 17 de noviembre de 2019

UNHA CURTAMETRAXE SOBRE O VALOR POSITIVO DE SER DIFERENTE

''Mouse for sale'' - animated short film from Wouter Bongaerts on Vimeo.


Esta fermosa curtametraxe recórdanos ao conto "Orellas de Bolboreta" de Luisa Aguilar, ilustrado por André Neves.  Non hai mellor cousa que buscar sempre o positivo de calqueira diferencia.
A diversidade é unha riqueza, non o esquezades!!!

viernes, 11 de octubre de 2019

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

A pasada semán contamos cunha visita moi interesante no noso cole. As nenas e nenos do 1º e 2º Ciclo tivemos a oportunidade de aprender sobre Primeiros Auxilios, participando nun obradoiro impartido por María e Vanesa (pediatra e enfermeira, respectivamente). Como ven sendo habitual, Vanesa colaborou co colexio e desta vez contou coa axuda dos seus compañeiros de traballo. O cole por unha mañá convertiuse nun "hospital", animando aos nenos e nenas a coñecer técnicas de reanimación, primeiros auxilios, e por riba de todo, a perder o medo a acudir a revisións, a facer analíticas, poñer vacinas, etc.. Para iso, na visita tiveron ocasión de tocar, mirar, observar con detalle cada un dos materiais que lles ían amosando. O conductor da ambulancia fixo soar a sirena, algo que sen dúbida foi un dos momentos estelares do obradoiro. Unha moi boa experiencia, tanto para o alumnado como para o profesorado. Tampouco faltou a canción da reanimación.

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS on PhotoPeach


jueves, 6 de junio de 2019

Unha contacontos moi especial: Katia, a mamá de Miguel veu contarnos un conto en portugués

Este ano os paises convidados no Salón do Libro de Pontevedra foron os países de fala lusa.
E temos a gran sorte de contar con nenas e nenos procedentes de Brasil, así que convidamos ás súas familias a vir ao centro e compartir con nós a cultura do seu país de orixe.
Katia, a mamá de Miguel de 1º A, veunos contar un fermosísimo conto: "Chapeuzinho amarelo", no que nos falou dunha nena chea de medos e dun lobo que acabou convertido nun "bolo".
Aquí vos deixamos unhas fotos.



VISITA AO CENTRO DE DÍA DE MAIORES

As nenas e nenos de 1º e 5º visitamos o "cole dos avós" e pasamos unha mañá acompañándoos e actuando para el@s.
Foi una visita moi emotiva, chea de sorrisos, de música e teatro. As avoas e avós quedaron entusiasmados coa nosa presenza, e comprometémonos a voltar no Nadal para cantarlles unhas panxoliñas e gozar da súa compañía.


viernes, 19 de abril de 2019

SOMOS ARQUITECT@S: CONSTRUÍMOS UN CANASTRO



 Dentro da arquitectura popular galega temos unha construcción que é moi recoñecida e que está espallada por toda a xeografía do noso país. Ten moitos nomes: hórreo, canastro, piorno... etc. E tamén tivo e segue tendo unha importante función no mundo rural. Para explicarnos isto, e moito máis, tivemos con nós a Vanesa, a mamá de Nerea de 1º B. Trouxo ao cole un marabilloso canastro en pezas, que as nenas e nenos montaron seguindo as instruccións dun plano coma se de verdadeiros arquitectos e arquitectas se trataran. Moitísimas grazas a toda a familia pola implicación que sempre amosan en todos os proxectos do cole.


VISITA AO SALÓN DO LIBRO 2019

Un ano máis a nosa escola participa no SALÓN DO LIBRO de Pontevedra. Este ano, co noso proxecto "REVOLUCIONARTE", mesturamos as emocións coa arte e coa revolución. Foi unha visita na que o pasamos estupendamente!!!!

miércoles, 6 de marzo de 2019

EXPERIMENTO : PDI: A cámara escura

O curso pasado fixemos este experimento na aula. Que vos parece se o repetimos na casa? Animádevos e enviádenos as fotografías ao grupo de whatsapp. Ánimo!!


Como xa sabedes, estamos a traballar no PDI a fotografía e a arquitectura.
Desta vez adicámonos á fotografía, convertindo a aula de 2º nunha gran "cámara escura". Foi unha experiencia que nos trouxo á escola un pai de 1º, e na que puidemos observar como se despraza a luz, deixándonos emocionad@s e sorprendid@s ao percibir que as imaxes se proxectaban ao revés.

Resultado de imagen de camara oscura




ROSALÍA DE CASTRO visita a nosa escola

Celebrando o día de Rosalía de Castro na escola, as nenas e nenos de 1º e 2º tivemos unha sorpresa moi moi emocionante. Sabedes quen nos visitou? Pois síii! nada máis nin nada menos que a mesma Rosalía de Castro.😍
Xa, xa... xa sabemos que non era ela exactamente, pero nós sentímola coma se da propia poetisa galega se tratara. 

Contounos como era de pequena, os seus soños de nena, querendo ser pirata, ou querendo ser escritora, unha gran escritora na que máis tarde se convertiu. E tamén unha gran muller que nos falou de igualdade💪 entre as nenas e os nenos. 

Sabemos que Rosalía defendía a súa lingua, a nosa lingua, e como despedida díxonos que se nós, nenas e nenos seguiamos aprendendo os seus poemas, e recitándoos e cantándoos, nin ela nin a nosa lingua desaparecerían xamais. 

Agradecémoslle a visita cantándolle🎵 un dos seus fermosos poemas "Has de cantar", e a Rosalía parece que lle gustou moito moito. 
Agardamos a súa visita para o vindeiro ano!!! 

Grazas Rosalía💗.

miércoles, 9 de enero de 2019

PDI: EMOCIONARTE

Este ano o PDI do centro trata sobre as diferentes artes, e as nenas e nenos de 1º vanse adicar a ARQUITECTURA e tamén á FOTOGRAFÍA.

Pequenas arquitectas e arquitectos construíndo edificios



Biblioteca de aula decorada: "Ponte Caldelas, una vila de conto"

Na fase de motivación, ademáis de facer unha saída pola vila, para contemplar a súa arquitectura, as nenas e nenos  decoraron a biblioteca recreando a nosa querida Ponte Caldelas. Así construíron edificios emblemáticos como alguna casa colonial, o mercado, a ponte sobre o río Verdugo, e a Alameda.