A pasada semán contamos cunha visita moi interesante no noso cole. As nenas e nenos do 1º e 2º Ciclo tivemos a oportunidade de aprender sobre Primeiros Auxilios, participando nun obradoiro impartido por María e Vanesa (pediatra e enfermeira, respectivamente). Como ven sendo habitual, Vanesa colaborou co colexio e desta vez contou coa axuda dos seus compañeiros de traballo. O cole por unha mañá convertiuse nun "hospital", animando aos nenos e nenas a coñecer técnicas de reanimación, primeiros auxilios, e por riba de todo, a perder o medo a acudir a revisións, a facer analíticas, poñer vacinas, etc.. Para iso, na visita tiveron ocasión de tocar, mirar, observar con detalle cada un dos materiais que lles ían amosando. O conductor da ambulancia fixo soar a sirena, algo que sen dúbida foi un dos momentos estelares do obradoiro. Unha moi boa experiencia, tanto para o alumnado como para o profesorado. Tampouco faltou a canción da reanimación.
OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario