En 2º B, as nenas e nenos falamos do lume, das súas consecuencias, do que nos fixo sentir, e do que podemos facer para que esta terrible traxedia non se repita.
Foron uns intres nos que os cativos precisaban expresar as súas vivenzas, dende as súas olladas, dende os seus sentires, porque, igual que os adultos, necesitan botar os medos fóra.
E, coa axuda da mestra, déronlle cor a este mural, deixando as pegadas das súas pequenas mans que van mudando a cor vermella do lume ata un fermoso verde que de seguro tinguirá de novo os nosos montes galegos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario