Este venres chegounos unha mensaxe de Curicuxa ás nenas e nenos de 2º. Outra vez!!! Que emoción!! Resulta que Curicuxa, que se entera de toooodo o que pasa no cole, sabía que as mestras nos estaban preparando algunha tarefa de outono para nós. E como a Curicuxa lle encantan os xogos, e as aventuras, púxose mans á obra e organizounos unha pequena excursión á carballeira que hai diante do instituto. Pero isto non foi todo, ao chegar á carballeira atopamos mensaxes de Curicuxa por todas partes: nas pólas das árbores, agochadas entre os fieitos, nas pedras dos valados, había alomenos 6 ou 7 mensaxes!!! Bueno, eran mensaxes-preguntas-probas, nas que nos fixo afinar o inxenio, e tamén a memoria sobre cuestións e temas relacionados coa estación do ano na que estamos.
Pasámolo xenial, e ademais, investigamos, sentimos, descubrimos, tocamos, exploramos, cheiramos, e mesmo degustamos o sabor do OUTONO!!!
E levamos para a clase os nosos tesouros de outono, como podedes ver nas fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario