Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

domingo, 22 de mayo de 2016

VISITA DE AMIGOS DA TRIBO BLACKFEET "PÉS NEGROS"

Tivemos unha visita moi interesante no colexio duns amigos da tribo india "Pés negros". Foi unha xornada moi enriquecedora, xa que a través da música amosáronnos cómo vivían estes indios das pradeiras, a súa relación coa natureza, cos animais, etc. En certo xeito achegáronnos aos nosos antergos, aqueles que vivían en covas ou cabanas, que gravaban figuras nas rochas, facían lume e se vestían coas peles dos animais.

viernes, 29 de abril de 2016

PLANTANDO SEMENTES

En Ciencias Naturais estamos traballando o tema das plantas, así que hoxe no cole, cada unha de nós plantou unha semente para ir vendo como xermola e vai medrando.
As sementes que plantamos foron: lentellas, garavanzos, fabas, pipas de xirasol, leitugas e chícharos.
Os recipientes que utilizamos foron: envases de iogur, botellas de plástico e botes de cristal.
Iremos poñendo fotos según van medrando as nosas plantiñas!!





miércoles, 20 de abril de 2016

ACTIVIDADES SOBRE AS PLANTAS



 Se fas click na imaxe atoparás un sinxelo xogo para comprobar o que sabes do tema que estamos a traballar.

http://static.imujer.com/sites/default/files/styles/primera/public/hogartotal/como-hacer-crecer-las-plantas-rapido-1.jpg?itok=rudI5nAB

Las plantas
 A continuación podes seguir traballando sobre o tema, esta vez un pouco máis ampliado. Ánimo!!