Tivemos unha visita moi interesante no colexio duns amigos da tribo india "Pés negros". Foi unha xornada moi enriquecedora, xa que a través da música amosáronnos cómo vivían estes indios das pradeiras, a súa relación coa natureza, cos animais, etc. En certo xeito achegáronnos aos nosos antergos, aqueles que vivían en covas ou cabanas, que gravaban figuras nas rochas, facían lume e se vestían coas peles dos animais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario