Este venres o señor David tróuxonos unha carta. Antes de ler o remite, tod@s comezamos a berrar: É de Estela!!! Profe!!, seguro que nos escribiu Estela!! (Para quen non o saiba, Estela é unha compañeira moi querida que este ano se marchou para Pontevedra, e a quen botamos moito en falta)
Pero non, finalmente descubrimos que non era de Estela senón de Curicuxa, a mascota da Biblioteca.
Foi toda unha sorpresa!!
Na carta decíanos que se enterara de que no PDI deste ano trataríamos a obra de Xulio Verne "A volta ao mundo en 80 días". Así é, as nenas e nenos de 1º e 2º imos viaxar a China, polo que temos que poñernos mans a obra e comezar a investigar e descubrir datos sobre este maravilloso país de Asia, xa que Curicuxa voltará a visitarnos para ver toooodo o que aprendemos sobre China.
Este fin de semana, coa axuda das nosas familias intentaremos conseguir información para levar o luns a clase.
Xa vos iremos contando como nos vai o proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario