É maravilloso contar con familias xenerosas, implicadas e con moitas ganas de motivar ás súas fillas e fillos, e de compartir a súa ilusión coa escola.
Sabemos que cada familia aporta o seu gran de área, de moitos xeitos. Así é a familia de Carla, e agradecémoslles moitísimo todo o entusiasmo que contaxian, non só ás súas fillas senón ao resto da comunidade. Neste caso recibimos a visita de Vanesa, a mamá de Carla, que trouxo ao colexio unha maqueta dun volcán, e deixou aos peques abraiados con dous experimentos que lle deron vida ao volcán durante uns intres.
Aquí vos deixamos as imaxes, e tamén os elementos que se utilizaron para as experiencias.
Para a simulación dos gases:
- xeo carbónico (xeo seco)
- auga
Para a simulación da lava:
- vinagre
- bicarbonato sódico
- colorante
- xabón
Animádevos a facelo na casa cos vosos peques. O dos gases é máis complicado, xa que o xeo é máis difícil de conseguir e ademáis hai que manipulalo con coidado, pero o da lava é moi sinxelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario