Este luns, as nenas e nenos máis maiores do cole participaron nunha xornada de Deporte Escolar, recibindo a visita do colexio de Carballedo.
Como en Ciencias Sociais estamos co tema das vilas, aproveitamos para pasear pola nosa e, de paso, ir ao Pavillón para animar as nosas compañeiras e compañeiros.
De camiño, as profes fóronnos amosando espazos, edificios e servizos públicos que temos na nosa vila: o parque infantil, a parada de taxis, a alameda, a Casa da Cultura, o mercado, etc.
Logo cruzamos o río Verdugo pola ponte peatonal, e chegamos a tempo para ver rematar o partido de balonmán. Xogaban de marabilla os dous equipos!! E aplaudimos a rabear!!
Foi moi divertido!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario