Este
ano en Ponte Caldelas celebrouse a 50ª Festa da Troita. Na conmemoración
colocouse unha fermosa escultura nos xardíns da alameda.
As
nenas e nenos de 2º fomos visitala, e escoitamos ás profes que nos falaron da
obra e o seu autor.
A obra
foi creada polo artista compostelán afincado na parroquia de Cuñas, José Ortiz, e
representa a unha troita dando un salto fose da auga cunha e cunha envergadura
de 5 metros de longo e unha altura aproximada dun tres metros.
O
material empregado é aceiro de cortén sobre unha estrutura de barras de
ferro perforadas cun recubrimento
de 10 centímetros de espesor para garantir a súa estabilidade.
Unha
serie de discos de aceiro inoxidable representan as manchas da troita que abunda no
río Verdugo.
Ortiz, que conta cunha dilatada carreira artstica como
escultor, empregou algo máis de dous meses en executar a obra unha vez
que pasou polo período de creación, planificación e deseño que lle
permitiu plasmar nunha obra de arte a súa inspiración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario