Se queredes saber a miña historia podedes falar coas nenas e nenos que están en 2º e 3º. Coñecéronme o ano pasado e fixémonos grandes amigos.
Estades nervios@s? Eu creo que máis que nervios@s estades emocionad@s, a que sí? pois comezades unha nova etapa, e de seguro que na casa as vosas familias andan a voltas con iso.
"Ai, como medran estes cativos!! xa pasan para Primaria!!!". E logo? Pensaban que vos iades quedar toda a vida en Infantil? Ás veces os maiores teñen cada cousa...
Bueno, pois espero que o pasedes moi ben os primeiros días, e que veñades con ganas de seguir aprendendo, gozando e descubrindo o mundo que vos rodea.
Eu non estarei moi lonxe, se me necesitades non tedes máis que chamarme, así, moi baixiño : Pintiñaaaas!!
Se tardo un pouco é porque estarei mergullada no Verdugo, nadando dun lugar para outro... cando vexades pingas no chan é sinal de que pasei por alí.
Benvid@s á escola!!
A vosa amiga Pintiñas
No hay comentarios:
Publicar un comentario