Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

sábado, 14 de marzo de 2020

COMO EXPLICARLLES AS CRIANZAS O CORONAVIRUS


Se facedes "clic" na imaxe podedes acceder a un conto no que aparece explicado dun xeito sinxelo e tranquilizador para xs máis pequenxs o mundo dos virus, e máis concretamente do coronavirus. 

jueves, 12 de marzo de 2020

MEDIDAS A ADOPTAR NOS CENTROS DE ENSINO

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020
Xov, 12/03/2020 - 19:39

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

    Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
    Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
    Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
    O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
    Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
    O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
    Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
    Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
    Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
    Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
    Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
    Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

MEDIDAS PARA O ENSINO UNIVERSITARIO

    Suspéndense as actividades académicas no ensino universitario.
    Permanecerán abertas as residencias universitarias, con servizos comúns básicos.
    As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo do seu aforo.

AVISO ÁS FAMILIAS: SUSPENSIÓN DAS CLASES

"Ante a falta de comunicación oficial por parte da Consellería de Educación, remitímosvos as declaracións feitas pola Presidente da Xunta de Galiza nas que anunciaba que a partir do luns, 16 de marzo, os centros educativos suspenden todas as actividades lectivas e complementarias durante catorce días; e mañá venres 13 a asistencia do alumnado é voluntaria."

martes, 3 de marzo de 2020

PLANTAMOS OS NOSOS ALLOS

E por fin, un mes despois de plantar os nosos allos nas sementeiras puidemos trasplantalos nunha leira ao carón do invernadoiro. Estamos desexando que medren moito para poder levalos as nosas casas e preparar unhas receitas estupendas!!!







OBRADOIRO DE COMPOSTAXE CON VANESSA


Seguindo coas actividades que estamos a levar a cabo coa colaboración da ANPA, Vanessa aprendeunos a crear as nosas propias composteiras. Elaborámolas con material de refugallo (botella de plástico e filtros de café) e con restos orgánicos das nosas merendas e palla. Todo un éxito!!!






miércoles, 5 de febrero de 2020

O ENTROIDO EN GALICIA

o

FLASHMOB DA PAZ

Fai clic aquí. para ver o fantástico baile que as nenas, nenos e mestrxs do cole fixeron na praza de España da nosa vila. Foi moi emocionante, porque había familias e veciñas e veciñas participando e aplaudindo.
Esta fermosa actividade organizámola  para conmemorar o día da Paz, aínda que sabemos que a Paz hai que celebrala tódolos días: sendo máis empáticxs, tolerantes, mellores compañeirxs e poñendo o noso gran de area para construír un mundo máis xusto para tódalas persoas que o habitamos.

(A partires do minuto 1'41")