Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

jueves, 6 de junio de 2019

VISITA AO CENTRO DE DÍA DE MAIORES

As nenas e nenos de 1º e 5º visitamos o "cole dos avós" e pasamos unha mañá acompañándoos e actuando para el@s.
Foi una visita moi emotiva, chea de sorrisos, de música e teatro. As avoas e avós quedaron entusiasmados coa nosa presenza, e comprometémonos a voltar no Nadal para cantarlles unhas panxoliñas e gozar da súa compañía.


viernes, 19 de abril de 2019

SOMOS ARQUITECT@S: CONSTRUÍMOS UN CANASTRO



 Dentro da arquitectura popular galega temos unha construcción que é moi recoñecida e que está espallada por toda a xeografía do noso país. Ten moitos nomes: hórreo, canastro, piorno... etc. E tamén tivo e segue tendo unha importante función no mundo rural. Para explicarnos isto, e moito máis, tivemos con nós a Vanesa, a mamá de Nerea de 1º B. Trouxo ao cole un marabilloso canastro en pezas, que as nenas e nenos montaron seguindo as instruccións dun plano coma se de verdadeiros arquitectos e arquitectas se trataran. Moitísimas grazas a toda a familia pola implicación que sempre amosan en todos os proxectos do cole.


VISITA AO SALÓN DO LIBRO 2019

Un ano máis a nosa escola participa no SALÓN DO LIBRO de Pontevedra. Este ano, co noso proxecto "REVOLUCIONARTE", mesturamos as emocións coa arte e coa revolución. Foi unha visita na que o pasamos estupendamente!!!!

miércoles, 6 de marzo de 2019

EXPERIMENTO : PDI: A cámara escura

O curso pasado fixemos este experimento na aula. Que vos parece se o repetimos na casa? Animádevos e enviádenos as fotografías ao grupo de whatsapp. Ánimo!!


Como xa sabedes, estamos a traballar no PDI a fotografía e a arquitectura.
Desta vez adicámonos á fotografía, convertindo a aula de 2º nunha gran "cámara escura". Foi unha experiencia que nos trouxo á escola un pai de 1º, e na que puidemos observar como se despraza a luz, deixándonos emocionad@s e sorprendid@s ao percibir que as imaxes se proxectaban ao revés.

Resultado de imagen de camara oscura




ROSALÍA DE CASTRO visita a nosa escola

Celebrando o día de Rosalía de Castro na escola, as nenas e nenos de 1º e 2º tivemos unha sorpresa moi moi emocionante. Sabedes quen nos visitou? Pois síii! nada máis nin nada menos que a mesma Rosalía de Castro.😍
Xa, xa... xa sabemos que non era ela exactamente, pero nós sentímola coma se da propia poetisa galega se tratara. 

Contounos como era de pequena, os seus soños de nena, querendo ser pirata, ou querendo ser escritora, unha gran escritora na que máis tarde se convertiu. E tamén unha gran muller que nos falou de igualdade💪 entre as nenas e os nenos. 

Sabemos que Rosalía defendía a súa lingua, a nosa lingua, e como despedida díxonos que se nós, nenas e nenos seguiamos aprendendo os seus poemas, e recitándoos e cantándoos, nin ela nin a nosa lingua desaparecerían xamais. 

Agradecémoslle a visita cantándolle🎵 un dos seus fermosos poemas "Has de cantar", e a Rosalía parece que lle gustou moito moito. 
Agardamos a súa visita para o vindeiro ano!!! 

Grazas Rosalía💗.