Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

domingo, 21 de noviembre de 2021

Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e as Nenas- 20 N

 O sábado, 20 de novembro, celebrouse o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e as Nenas e para iso traballamos nas aulas os dereitos que temos como nenos deixándoos  reflexados nas nosas libretas e tamén decoramos unha coroa que poñía que somos moi especiais.  

Mirade, mirade!



MAGOSTO

 O pasado martes celebramos no cole o MAGOSTO. Traballamos nas aulas distintos xogos e vocabulario relacionado co Magosto. Tamén decoramos unhas coroas cunhas castañas para levar nos xogos tradicionais que fixemos nos patios xunto co resto dos nenos e nenas do cole e degustamos unhas deliciosas castañas. Que ben o pasamos!




viernes, 5 de noviembre de 2021

EXPOSICIÓN DE INVENTOS DE CURICUXA...

 A nosa mascota da biblioteca, Curicuxa, elaborou unha exposición de obxectos antigos para dar comezo ao PDI que leva por título "Curi-inventos e outros experimentos". O alumnado de 2º fomos visitala o mércores e encantounos! Aprendimos para qué servían moitos dos elementos.







O SAMAÍN en 2º!!

 O pasado día 28 disfrutamos dunha xornada terroríficamente divertida!!!

Botade unha ollada...pasámolo xenial!!






















viernes, 1 de octubre de 2021

Benvido outono!

 Os nenos e as nenas de 2º saimos pola contorna para observar os cambios do outono. Collemos landras, castañas, follas...pasámolo xenial!!!




sábado, 22 de mayo de 2021

2ºA Educación primaria: Saída á praia fluvial

 Con motivo do traballo do PDI deste ano unha das iniciativas propostas foi a promoción da actividade física nos medios que nos ofrece a contorna.

Aquí tendes unha mostra dunha das saída realizadas polo alumnado.



sábado, 15 de mayo de 2021

2ºA de educación primaria. Letras galegas 2021: Dígocho eu!

 No CEIP Manuel Cordo Boullosa levamos a cabo gravacións cun formato similar ao programa da TVG "Dígocho eu!".


A aportación de 2ºA de primaria a este proxecto foi a seguinte.

Agardamos que vos guste!




2ºA de educación primaria: Traballando as "Letras galegas 2021: Xela Arias"

 Coa celebración das "Letras Galegas 2021: Xela Arias" unha das actividades que fixemos en 2º de primaria foi un letreiro co nome e o rostro da homenaxeada.


Aquí deixo unhas fotos do noso traballo.








sábado, 24 de abril de 2021

23 de abril: Día do libro

 O alumnado de 2ºA de educación primaria do CEIP Manuel Cordo Boullosa quere compartir con todos e todas algúns dos libros lidos durante esta semana.

Agardamos que  vos guste a nosa selección e animádevos a ler tanto coma nós!



jueves, 22 de abril de 2021

22 de abril. Día da Terra. Alumnado de 2ºA

 Todos os 22 de abril celebrase o día da Terra para lembrar o importante que o coidado do medio ambiente.

Este ano o alumnado de 2º A do CEIP Manuel Cordo Boullosa quere compartir algunhas das actividades que fan día a día para o desfrute e coidado do noso Planeta.







martes, 23 de marzo de 2021

As merendas saudables

 Os nenos e as nenas de 1º e 2º estivemos traballando afondo no PDI do centro. Neste caso, coa colaboración das familias, mirade que merendas creativas máis chulas quedaron!!



lunes, 8 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe celebramos a conmemoración do Día Internacional da Muller xunto coa semana da prensa. Por iso, transformámonos en periodistas por un día e fixémolles entrevistas ás mulleres máis importantes das nosas vidas. Mirade que cousas bonitas quedaron...





jueves, 3 de diciembre de 2020

3 de decembro día internacional das persoas con discapacidade

 Hoxe, día 3 de decembro, celebramos o día internacional das persoas con discapacidade. Colaboramos co centro Juan XXIII coa súa iniciativa #baixoOMesmoParaugas. Aquí tendes o noso vídeo...



domingo, 29 de noviembre de 2020

25 N. Día internacional contra a violencia de xénero

O pasado 25 de novembro celebramos o día internacional contra a violencia de xénero. Consideramos que a educación é un pilar no que asentar o mundo igualitario que queremos. É o mellor legado que lle podemos deixar ás xeracións futuras. Eduquemos a persoas libres, seguras de sí mesmas e respectuosas sen que importe o seu sexo. E, porque non, formémonos a nós mesmas e a nós mesmos para enriquecer os nosos valores.



domingo, 22 de noviembre de 2020

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 O pasado venres 20 de novembro, celebramos o Día Universal da Infancia. Ao longo da semana falamos dos dereitos que teñen os nenos e nenas e fixemos unha estrela en 3D con cada un deles.













O OUTONO E O SAMAÍN

 O día do SAMAÍN  os nenos e nenas de primeiro aproveitamos o bo día que facía e saímos a observar a paisaxe que nos ofrece a estación do OUTONO. O pasamos moi moi ben e aínda por riba disfrazáronse que daba moito medoooo!

Mirade, mirade!



domingo, 15 de noviembre de 2020

O MAGOSTO

               CELEBRAMOS O MAGOSTO NO CORDO BOULLOSA!! 

O martes 10 de novembro puidemos celebrar o magosto seguindo con todas as medidas establecidas no protocolo COVID-19. Puidemos xogar, ver como se preparaban as brasas e por suposto, degustar as riquísimas castañas!! Pasámolo en grande!





domingo, 7 de junio de 2020

2º TAREFAS DO 8 AO 12 DE XUÑO

LUNS 8

RAZONAMIENTO

LINGUA
(Ten audio)


MARTES 9


MATEMÁTICAS

LENGUA

(Dictado)





MÉRCORES 10

LINGUA

(Audio)

CCNN





XOVES 11

LENGUA



MATEMÁTICAS




VENRES 12


CCSS



LINGUA